Sunday 19 de May de 2024

Adxudicada a instalación do novo sistema de iluminación no complexo de a Fieiteira en aras a unha maior eficiencia enerxética


Permitirá aforrar o 73% en gasto económico, CO2 e consumo de luz

O Concello vén de adxudicar en xunta de goberno local a execución das obras dirixidas á instalación da nova iluminación do Complexo Polideportivo de A Fieiteira en aras a obter unha maior eficiencia enerxética.

A execución desta actuación recaeu en Industrial Eléctrica de Galicia, S.L., por un importe de 36.511,75 euros, IVE incluído.

A iniciativa entrañará un considerable aforro enerxético na instalación municipal que máis consumo ten. Así, e de acordo co proxecto técnico elaborado, dun consumo de 117.262 kWh/ano pasarase a tan só 30.695, o que significa unha redución do 73,8%.

Do mesmo xeito, dun gasto de 16.152 euros ao ano pasarase a 4.228, implicando unha baixada tamén de máis do 73,8%; en tanto que as emisións en CO2 reduciranse na mesma contía ata un total e 29,78 toneladas/ano.

267 luminarias led
De resultas do proxecto que se vai executar, as 267 lámpadas actuais serán substituídas por igual número de luminarias led dos modelos: IGLLI72COM (18 unidades), Tubo T8 EC 150CM (12 ud.), IGLE48COM PROY. (19 ud.), IGLL36COM PROY. (4 ud.), IGLL24COM PROY (6 ud.), Tubo T8 EC 60CM (136 ud.) e Tubo T8 EC 129CN (72 ud.).

A actuación, que afectará tanto ao edificio da piscina como ao inmoble do polideportivo, conlevará a implantación de medidas de contabilización, control e telexestión do consumo de enerxía, instalando reguladores do nivel de iluminación en función da achega de luz natural en cada un dos proxectores. Con esta medida obterase un aforro do 25% adicional aos números antes indicados. Así mesmo, no caso dos tubos estes acenderanse con detector de presenza, unha media coa que se obterá outro aforro a maiores do 25%.